Proxecto de acreditación de ECA

ECA é o acrónimo de "European Consortium for Accreditation in higher education". O seu obxectivo principal é a promoción do recoñecemento mutuo das decisións ligadas á acreditación e á calidade de institucións e programas de estudo como unha ferramenta para favorecer o recoñecemento de cualificacións en educación superior e a mobilidade de estudantes e egresados.

 

Así mesmo, encárgase de divulgar boas prácticas en acreditación e de apoiar a internacionalización de institucións de educación superior e estudantes.

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us