
ENIC é o acrónimo de "European Network of Information Centres (para o recoñecemento académico e a mobilidade). ENIC foi creado pola UNESCO e polo Consello de Europa. Esta rede recompila a información de cada país relativa ao recoñecemento dos títulos estranxeiros, ás facilidades para a mobilidade incluíndo bolsas e empréstitos, etc.
NARIC é o acrónimo de "National Academic Recognition Information Centres”, é unha iniciativa da Unión Europea na que participan entre outros os países da EEA e forma parte do programa ERASMUS da comisión Europea para promover a mobilidade tanto de estudantes como profesores.
Cada nodo NARIC nacional é designado polo correspondente ministerio e o seu status é distinto segundo o país, dependendo por exemplo do tipo de autonomía que teñan as institucións de educación superior respecto da admisión de estudantes non nacionais.
O proxecto ENIC-NARIC é unha iniciativa da Comisión Europea, do Consello de Europa e da UNESCO/CEPES. O seu principal obxectivo é o desenvolvemento dunha ferramenta que permita tanto a NARIC coma a ENIC desenvolver as súas actividades da forma máis eficiente posible.
Desta forma conseguirán proporcionar a organizacións e individuos a información máis actualizada posible sobre temas ligados á mobilidade tanto académica como profesional e sobre os procedementos de recoñecemento de titulacións estranxeiras.
Comparte:

Declaración de Bolonia