Reconocimiento Titulaciones

Recoñecemento de titulacións


O Proceso de Boloña, e a implantación das súas diferentes iniciativas e dos seus mecanismos, supuxo, para facilitar o recoñecemento de titulacións no ámbito da Unión Europea, a dinamización de iniciativas xa existentes e a posta en marcha doutras moitas.
 

 

ler máis...

Rexistro Europeo de Calidade (EQAR)


O rexistro europeo de calidade (EQAR) ten por obxectivo aumentar a transparencia en temas de garantía de calidade para educación superior e así promover a confianza mutua no Espazo Europeo de Educación Superior.

ler máis...

Proxecto de acreditación de ECA


ECA é o acrónimo de "European Consortium for Accreditation in higher education". O seu obxectivo principal é a promoción do recoñecemento mutuo das decisións ligadas á acreditación e á calidade de institucións e programas de estudo como unha ferramenta para favorecer o recoñecemento de cualificacións en educación superior e a mobilidade de estudantes e egresados.

 

ler máis...

Proxecto Team de ECA


No Comunicado de Londres, decidiuse promover e favorecer o recoñecemento mutuo das decisións nacionais en ámbito da garantía da calidade, como por exemplo a acreditación de institucións e programas de estudo.

 

ler máis...

O proxecto de recoñecemento mutuo de titulacións ENIC-NARIC


ENIC é o acrónimo de "European Network of Information Centres (para o recoñecemento académico e a mobilidade). ENIC foi creado pola UNESCO e polo Consello de Europa. Esta rede recompila a información de cada país relativa ao recoñecemento dos títulos estranxeiros, ás facilidades para a mobilidade incluíndo bolsas e empréstitos, etc.

ler máis...