
Schuman-Fulbright é un programa financiado polo Departamento de Estado de EEUU e pola Comisión Europea.
Ofrece financiamento a profesionais e académicos de alta cualificación e excelencia para impartir cursos de especialización e para realizar proxectos de investigación en calquera campo das relacións bilaterais EU-EEUU, nos niveis de máster, doutorado e posdoutorado.
A súa xestión está delegada á comisión Fulbright e é o único programa Fulbright multilateral que admite solicitudes de calquera cidadán da UE para realizar proxectos en calquera lugar dos EEUU, e viceversa, sempre que se trate de temas socioeconómicos e políticos de interese mutuo. Aínda que hai profesores universitarios e investigadores no programa, tamén se acollen a el numerosos profesionais doutros ámbitos. Máis información en http://www.fulbright.be/Schuman/Fulbright_Schuman.htm
Comparte:

Declaración de Bolonia