Atlantis, o teu campus transatlántico

ATLANTIS (Actions for Transatlantic Links and Academic Networks for Training and Integrated Studies) é un programa conxunto en financiamento e xestión entre a UE e os EEUU para accións de cooperación en educación superior, que solicitan as universidades e institucións de educación superior, en varias modalidades.

 

Financia o desenvolvemento de programas de estudo conxuntos ou dobres (grao/máster) entre polo menos unha universidade europea e outra estadounidense. Dentro destes programas transatlánticos finánciase a mobilidade transatlántica de estudantes e profesores por períodos de ata un curso académico, usando sistemas de recoñecemento de créditos e pagamento de taxas similares aos do programa ERASMUS.

 

Financia proxectos bilaterais de desenvolvemento curricular mediante intercambios de curta duración de estudantes e profesores entre dúas universidades que estean colaborando academicamente, aínda que non teñan como obxectivo establecer títulos dobres ou conxuntos.

 

Finalmente, subministra fondos para proxectos conxuntos de desenvolvemento curricular, recoñecemento de créditos e instrumentos educativos de interese mutuo entre institucións de educación superior non universitaria (formación profesional).

 

Máis información en: http://ec.europa.eu/education/programmes/eu-usa/index_en.html

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us