Programas Intercambio

Ampliando o campus: dende Europa cara ao mundo


 

A converxencia dos estudos universitarios europeos comezou a fraguarse nas propias aulas grazas aos programas de intercambio inaugurados nos anos oitenta do século pasado, e cuxo expoñente máis simbólico segue sendo o Erasmus.

 

Esa mesma capacidade de estreitar vínculos transnacionais pode converterse na xeradora dun espazo universal para a educación superior dende Europa cara ao mundo, con programas como o Atlantis, o Schuman-Fulbright, ou Erasmus Mundus.

ler máis...

Atlantis, o teu campus transatlántico


ATLANTIS (Actions for Transatlantic Links and Academic Networks for Training and Integrated Studies) é un programa conxunto en financiamento e xestión entre a UE e os EEUU para accións de cooperación en educación superior, que solicitan as universidades e institucións de educación superior, en varias modalidades.

 

ler máis...

Erasmus, na xénese do EEES


Erasmus foi unha das primeiras iniciativas que levaron á práctica os fundamentos do Espazo Europeo de Educación Superior. Dende o ano 1987, permitiu a moitos miles de estudantes e profesores descubrir a dimensión universitaria da Europa sen fronteiras facilitando a súa mobilidade con axudas económicas e facilidades administrativas. Aquí tes todas as súas posibilidades:

 

ler máis...

Erasmus Mundus


O Programa Erasmus Mundus é un programa da Unión Europea aprobado en 2003 que ten como obxectivo mellorar a calidade do ensino superior en Europa e a cooperación con outras áreas xeográficas, co fin de reforzar as relacións das universidades europeas con institucións similares doutras zonas do mundo.

 

ler máis...

Fullbright-Schuman, posgrao de Europa a EE.UU


Schuman-Fulbright é un programa financiado polo Departamento de Estado de EEUU e pola Comisión Europea.

ler máis...