Por que tres ciclos formativos?

Pasillos facultad

Para consolidar o Espazo Europeo de Educación Superior, os sistemas universitarios coincidiron nunha estrutura común de tres ciclos formativos, que facilitan a estudantes, docentes e investigadores desenvolver o seu currículo académico e profesional en máis de corenta países diferentes.

Así todos poden recoñecer e apreciar a preparación esencial do graduado (primeiro ciclo), a especialización do máster (segundo ciclo), e o perfil investigador do doutorado (terceiro ciclo), sexa cal sexa a universidade europea na que cursara os seus estudos.

Cada ciclo conduce sempre á obtención dun título oficial e ademais, en todos os casos, a superación dun ciclo permite o acceso ao seguinte.

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us