Universidade en Europa

Cara a unha Política Europea de Educación Superior


O Plan Boloña permitiu conformar unha política europea compartida en materia de educación superior coa colaboración de docentes, estudantes, expertos e políticos de 46 países distintos nun período de dúas décadas. É o resultado dun extraordinario esforzo de converxencia que está convertendo en realidade o artigo 149 do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, segundo o cal "contribuirá ao desenvolvemento dunha educación de calidade fomentando a cooperación entre os estados membros".

 

ler máis...

Que é o espazo Europeo de Educación Superior?


O Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) constitúe o ámbito compartido polos sistemas universitarios de Europa para favorecer a mobilidade, a interacción e as oportunidades dos seus respectivos membros. Os seus parámetros esenciais foron establecidos na Declaración de Boloña, subscrita por 29 estados europeos o 19 de xuño de 1999:

 

ler máis...

Ampliando o campus: dende Europa cara ao mundo


 

A converxencia dos estudos universitarios europeos comezou a fraguarse nas propias aulas grazas aos programas de intercambio inaugurados nos anos oitenta do século pasado, e cuxo expoñente máis simbólico segue sendo o Erasmus.

 

Esa mesma capacidade de estreitar vínculos transnacionais pode converterse na xeradora dun espazo universal para a educación superior dende Europa cara ao mundo, con programas como o Atlantis, o Schuman-Fulbright, ou Erasmus Mundus.

ler máis...

Recoñecemento de titulacións


O Proceso de Boloña, e a implantación das súas diferentes iniciativas e dos seus mecanismos, supuxo, para facilitar o recoñecemento de titulacións no ámbito da Unión Europea, a dinamización de iniciativas xa existentes e a posta en marcha doutras moitas.
 

 

ler máis...