
Os estudantes teñen un papel activo no proceso de verificación dos plans de estudos realizado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) a través das comisións de avaliación e do seu Consello Asesor.
Nas Comisións de Avaliación
Entre os membros das comisións de avaliación da ANECA, compostas por expertos do ámbito académico e profesional, están tamén estudantes escollidos polos seguintes méritos:
• Experiencia en procesos de avaliación na universidade, en especial, de ensinanzas.
• Representación en asociacións de estudantes legalmente establecidas.
• Participación en órganos de goberno da universidade.
Son alumnos propostos polas organizacións de estudantes, rexistrados nas bases de datos de ANECA e outras axencias, pola súa experiencia en avaliación de titulacións, ou presentados persoalmente á oferta pública correspondente. Os estudantes seleccionados reciben unha formación concreta sobre os procesos para seguir na verificación das titulacións en xornadas de formación organizadas pola ANECA.
No Consello Asesor
Os estudantes universitarios tamén participan no Consello Asesor da ANECA, constituído por personalidades nacionais e estranxeiras de recoñecido prestixio do ámbito académico, profesional e empresarial. En concreto, forman parte dese organismo alumnos que desempeñaran funcións de representación estudantil.
Comparte:

Declaración de Bolonia