Implantación en España

De Boloña a toda España, coa meta en 2010


España apostou dende o principio por ese gran proxecto de cidadanía europea que constitúe o Proceso de Boloña. Puxo todas as bases institucionais e xurídicas necesarias para implantar un sistema universitario capaz de formar persoas con espírito cívico, fundamentos intelectuais e capacidade profesional recoñecidos en toda Europa, e máis alá.

ler máis...

Descubre todos os títulos do Plan Boloña no RUCT


RUCT, Rexistro de Universidades, Centros e Títulos, é o órgano encargado de recoller a información actualizada do sistema universitario español en consonancia co Espazo Europeo de Educación Superior.

ler máis...

ANECA, culminación do proceso de calidade na universidade española


A Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) nace coa misión de potenciar a mellora das universidades, contribuír á medición do seu rendemento e informar ás administracións públicas e á sociedade sobre o cumprimento dos obxectivos nas actividades universitarias.

ler máis...