
A Asociación Europea de Institucións de Educación Superior (European Association of Institutions in Higher Education: EURASHE) reúne tanto a universidades, institutos politécnicos, colexios, escolas de posgrao, como centros de investigación universitarios cuxa misión vai dirixida á formación de profesionais de alto nivel.
A EURASHE fundouse nunha reunión celebrada en Patras (Grecia), en 1990, co obxecto de potenciar a excelencia da educación superior, tanto se trate das institucións dos estados membros da Unión Europea como noutros países europeos.
Ademais, defende:
• Incrementar a cooperación transnacional entre os seus membros.
• Facilitar unha plataforma para o intercambio de perspectivas e experiencias en educación superior
• Instar a cooperación entre as institucións tanto da Unión Europea como externas a esta.
• Constituír lazos intensos de relación entre organizacións tales como EUA, ESIB e UNESCO.
Comparte:

Declaración de Bolonia