ENQA, garantía de calidade no Proceso de Boloña

Puzzle

A rede europea para a garantía da calidade da educación superior constituíuse no ano 2000 para promover a cooperación neste campo. En novembro de 2004 a Asamblea Xeral transformou a rede na Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior (European Association for Quality Assurance in Higher Education: ENQA).

 

A idea desta asociación nace do proxecto piloto europeo para valorar a calidade da educación superior europea (1994-95) que demostraba a importancia de desenvolver a experiencia sobre garantías de calidade na zona.


Posteriormente, a idea colleu impulso pola recomendación dos consellos (98/561 / EC do 24 setembro de 1998) na cooperación europea pola garantía da calidade na educación superior e pola mesma declaración de Boloña de 1999. A Comisión Europea apoiou subvencionando as actividades de ENQA dende o principio.

 

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us