Proceso en Marcha

En que consiste o Proceso de Boloña?


O Proceso de Boloña alude ao mecanismo accionado na cidade italiana polos responsables da universidade europea, o 19 de xuño de 1999, para conformar un Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) no ano 2010 onde poidan moverse libremente estudantes e docentes baixo condicións de calidade, inclusión e profesionalidade. É o resultado dun extraordinario esforzo político no que colaboraron todos os actores da comunidade universitaria ao longo de dúas décadas de progresos avalados polos organismos e estados europeos, entre os cales, sobresae España.

 

ler máis...

Boloña, un proceso con dúas décadas de historia


No último cuarto do século XX foi tomando corpo o interese dos países europeos polo establecemento de sistemas que permitan garantir a calidade das ensinanzas que imparten as institucións de educación superior.

 

ler máis...

De Boloña a toda España, coa meta en 2010


España apostou dende o principio por ese gran proxecto de cidadanía europea que constitúe o Proceso de Boloña. Puxo todas as bases institucionais e xurídicas necesarias para implantar un sistema universitario capaz de formar persoas con espírito cívico, fundamentos intelectuais e capacidade profesional recoñecidos en toda Europa, e máis alá.

ler máis...

Alumnos con voz e voto polo Plan de Boloña


Os estudantes están formando parte activa do proceso iniciado en Boloña co obxectivo de configurar un espazo europeo sen fronteiras para a comunidade universitaria. As opinións das asociacións internacionais, sectoriais e multidisciplinares incorporáronse ao seguimento do Plan Boloña con plena autoridade.

ler máis...

Que é o Grupo de Seguimento do Proceso de Boloña?


O Grupo de Seguimento de Boloña (BFUG, Bologna Follow-Up Group) é o equipo no que confiaron os ministros de Educación europeos para xestionar o Proceso de Boloña entre as reunións ministeriais. O BFUG elabora o programa de traballo, que constitúe unha serie de seminarios, varios grupos de traballo e outras actividades de interese para todos os que participan no proceso.

ler máis...