Cando se cerra o catálogo de titulacións?

Sinxelamente: nunca. Iso é cousa do pasado. O Espazo Europeo de Educación Superior instaura un modelo de títulos aberto, con capacidade de resposta ás demandas da sociedade.


Antes, as universidades debían aterse a uns plans de estudos e programas formativos establecida de antemán. Agora, son elas as que propoñen unha oferta académica que, unha vez avaliada pola ANECA, verificada polo Consello de Universidades e rexistrada no RUCT, con autorización do Goberno Autonómico, pasa a incorporarse a un catálogo aberto de titulacións.

 

 

Este modelo, ademais de potenciar a autonomía e liberdade da universidade, asume tamén a posibilidade de que os títulos poidan desaparecer por incumprimento duns niveis de calidade mínimos esixibles.

 

De feito, os títulos universitarios oficiais deberán someterse a un procedemento de avaliación cada 6 anos contados dende a data do seu rexistro no RUCT para manter a súa acreditación. Para estes efectos, a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), establecerá os protocolos de verificación e acreditación necesarios.

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us