Empréstitos renda, unha forma de financiar o teu máster

Unha das grandes preocupacións dos estudantes á hora de facer un máster é a parte económica. Tanto o xeito de sufragar o pagamento da matrícula, como a manutención que permita unha alta dedicación ao curso académico.


Nese sentido, o sistema de empréstito-renda aprobado en España e vixente dende o curso 2007-2008 é dos máis favorables de Europa. No ano 2008 tivo unha dotación de 150 millóns de euros, a súa finalidade é colaborar no financiamento dos estudos de máster universitario.

 

 

A contía do empréstito é suficiente para financiar os estudos e, ademais, pode utilizarse para afrontar outros gastos persoais dos graduados. O empréstito concédese cun xuro fixo do 0% para o beneficiario.

Pódense solicitar ata 14.400 euros (pagamento inicial máximo de 6.000 euros e unha renda mensual de ata 800 euros) no caso dun máster dun ano académico de duración. Contémplase unha axuda suplementaria para os másteres cuxa duración sexa superior a un ano académico. De feito, no caso dun máster de dous anos académicos de duración, o empréstito pode alcanzar os 28.800 euros.


Está previsto que a devandita contía sexa proporcional ao esforzo académico dos prestameiros medidos en créditos europeos, o que se concreta en 240 euros por crédito matriculado. Así mesmo, nos casos nos que o máster se vaia cursar no estranxeiro, pódese solicitar un suplemento de ata 6.000 euros máis.

 

O empréstito terá unha duración de 20 anos, dos cales os cinco primeiros serán de carencia. Finalizado este período de carencia, iniciarase o período de amortización (as amortizacións serán lineais e mensuais) para os restantes 15 anos ata o vencemento do empréstito, sempre que a renda do prestamista supere os 22.000 euros/ano (ou o mínimo exento que estea en vigor nesa data) no primeiro ano de amortización.

 

No caso de que a renda non supere os 22.000 euros pódese solicitar a ampliación do período de carencia a 10 anos. En todo caso, o prestameiro ten a facultade de proceder á amortización anticipada da totalidade ou parte da cantidade debida.

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us