Adeus ás licenciaturas e diplomaturas

O proceso cara a converxencia universitaria europea pasou necesariamente por estruturar a educación superior con sistemas comúns. Nese camiño, quedaron as antigas licenciaturas e diplomaturas, as titulacións de enxeñaría e arquitectura, así como as de arquitectura técnica e enxeñaría técnica. Agora, todas as ensinanzas universitarias de Europa se organizan segundo este modelo de tres ciclos consecutivos:

 

  • Grao, destinado á formación do estudante para o exercicio profesional dunha ou varias disciplinas.
  • Máster, orientado cara á especialización académica ou profesional do alumno, ou á súa iniciación en funcións investigadores.
  • Doutorado, dedicado ao exercicio da investigación universitaria.

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us