Novos estudos

Adeus ás licenciaturas e diplomaturas


O proceso cara a converxencia universitaria europea pasou necesariamente por estruturar a educación superior con sistemas comúns. Nese camiño, quedaron as antigas licenciaturas e diplomaturas, as titulacións de enxeñaría e arquitectura, así como as de arquitectura técnica e enxeñaría técnica. Agora, todas as ensinanzas universitarias de Europa se organizan segundo este modelo de tres ciclos consecutivos:

 

  • Grao, destinado á formación do estudante para o exercicio profesional dunha ou varias disciplinas.
  • Máster, orientado cara á especialización académica ou profesional do alumno, ou á súa iniciación en funcións investigadores.
  • Doutorado, dedicado ao exercicio da investigación universitaria.
ler máis...

Grao, primeiro ciclo: formación esencial


As ensinanzas de grao teñen como finalidade a preparación do estudante para o exercicio de actividades de carácter profesional. A súa duración é de 240 ECTS, o que equivale a 4 anos.

 

ler máis...

Doutorado, terceiro ciclo: investigación


As ensinanzas de doutorado teñen como finalidade a formación avanzada do estudante en investigación. A súa duración non se fixa en créditos. Estrutúrase nun programa de doutorado, formado por un período de formación e un de investigación (tese doutoral).

 

ler máis...

Máster, segundo ciclo: especialización


As ensinanzas de máster universitario teñen como finalidade a preparación profesional avanzada, orientada á especialización académica, profesional e á investigación.

 

ler máis...

A universidade do Plan Boloña, sen exclusións


Non podería entenderse unha universidade europea que non garantise a todos os cidadáns o acceso aos estudos superiores con independencia do seu nivel de renda. De feito, o Plan Boloña non fixo outra cousa senón universalizar un ensino universitario internacional do máximo nivel académico e as maiores potencialidades de emprego.

 

ler máis...