
Culmina a converxencia de case 50 países no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
En 2010, farase realidade outro dos soños forxados polos cidadáns de Europa para converter esta palabra en expresión de igualdade de oportunidades, berce da Ilustración e referente de progreso humano no mundo.
Todo iso será moito máis posible cun sistema educativo que permita a mobilidade dos seus estudantes, docentes e investigadores universitarios sen máis impedimentos que a súa propia vontade.
Mediante unha estrutura de ensinanzas común (en tres ciclos consecutivos), unha valoración de traballo compartida (créditos ECTS), criterios similares de calidade para os estudos e un modelo de titulación comprensible para todos (SET).
Comparte:

Declaración de Bolonia