
Boloña sostense nun sistema de xestión da calidade común para as universidades europeas.
Representa unha das claves fundamentais do Espazo Europeo de Educación Superior. O fundamento que permite ás institucións educativas dinamizar a oferta formativa sen vulnerar as garantías académicas e profesionais que demanda a sociedade.
A calidade é o alicerce que sostén o novo edificio universitario europeo, construído dende a base polos protagonistas da comunidade educativa, en vez de proxectado sobre o papel dende as administracións públicas.
O sistema que asegura aos cidadáns un catálogo de titulacións verificado, aprobado e rexistrado con criterios obxectivos e transparentes.
Un catálogo aberto ás novas incorporacións, pero tamén, ás desaparicións, se o plan de estudos xa non responde ás expectativas. Porque, cada seis anos, todos os títulos son avaliados de novo para a súa oportuna acreditación, se corresponde.
E todo iso, articulado de forma consensuada por 46 países diferentes, co concurso de institucións como a ENQA (European Association for Quality Assurance in Higher Education); a creación de normas compartidas como as ESG (European Standards and Guidelines for Quality Assurance); e a fundación de rexistros de axencias europeas, como é a EQAR (European Quality Asssurance Register for Higher Education); onde atopamos a española ANECA (Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación).
Comparte:

Declaración de Bolonia