Das leccións na clase á aprendizaxe activa

Boloña establece unha metodoloxía docente moi distinta da dominante hai trinta años. No novo escenario da EEES, teñen pouco sentido as leccións maxistrais e as clases baseadas na toma de apuntamentos. Dende agora, o profesor asume a responsabilidade de aumentar o protagonismo dos seus alumnos. Con métodos activos de aprendizaxe, ben orientados e cunha avaliación continua.

 

As clases servirán para ofrecer ao estudante os coñecementos e as pautas de acción básicos cos que desenvolver por si mesmos competencias persoais e profesionais ao longo da súa vida:


•    Estudo de casos.
•    Realización de prácticas.
•    Participación en seminarios.
•    Execución de proxectos.
•    Consulta de documentación.
•    Resolución de exercicios.
•    ...
... E o labor fundamental do profesor pasa a ser o de ensinar a aprender.

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us