Transición ordenada ás novas titulacións de Boloña

Non te preocupes se xa empezaches os teus estudos universitarios de acordo con plans anteriores a Boloña. Será un cambio ordenado e progresivo.


Ata o 30 de setembro de 2015, poderás continuar co teu mesmo plan de estudos, sen ningún tipo de modificación na súa estrutura, no seu contidos e no seu desenvolvemento. Se, ao chegar esa data, aínda non alcanzaches a titulación, as universidades deben garantir mecanismos que che permitan superala nos dous cursos académicos seguintes.

 

En todo caso, se o prefires, tamén podes acceder ás novas ensinanzas coa oportuna admisión da universidade, que está obrigada a incluír nos plans de estudos mecanismos de recoñecemento e transferencia de créditos.


Procedemento "de inmersión"


Non obstante, ten en conta que as universidades poden optar polo procedemento "de inmersión" para poñer en marcha unha novo título do EEES. Nese caso, introdúcese o novo plan de xeito simultáneo en todos os cursos, substituíndo por completo a carreira vixente ata entón.

 

Se iso ocorre, tampouco hai problema, tes dúas posibilidades: ou rematar os teus estudos nos dous anos seguintes ou incorporarse á nova titulación co recoñecemento e coa  transferencia dos créditos correspondentes.

 

Comparte: facebook meneame Live Google Yahoo reddit digg Del.icio.us